Skip to content
2 comentarios leave one →
  1. julio 10, 2017 09:19

    Dende o meu punto de vista, é un espectaculazo. Entre outras cousas porque está proporcionado en idea e en medios para desenvolver a idea.
    Un despregue inmenso de talento. Que bo é Ángel Ruiz, e que ben traballa aquí, que gustazo velo.
    Discrepo contigo no do uso de material gráfico, visual ou audiovisual. Tamén dende o meu punto de vista, canto menos material dese, maior capacidade e poder de evocación, que é do que se trata.

    Mira ti, días despois de eu ver o espectáculo na Gran Vía, topei en
    http://www.culturagalega.org/
    este arquivo fotográfico dun fotógrafo da Estrada onde sae Miguel de Molina recibindo ás tropas fascistas entrando en Valencia
    http://www.museo.aestrada.com/index.php/memoria-grafica-da-guerra-civil-espanola
    unha foto pouco ou nada coñecida

    E é moi evocador e suxerente este espectáculo, saín con ganas de escoitar a Miguel de Molina e foi o que fixen cando cheguei a casa. Non son escoitador de copla antigua, aínda que si me gustaba, e moito, Carlos Cano. Pero este é, pra min, o acerto. Que non che dean toda a información senón que te namoren, da igual do que vaia o espectáculo, dun tema, dunha idea, dun personaxe. Como comigo o conseguiron, pra min é un éxito.
    E aínda me pareceu que conseguíu algo maior, interesar a xentes de idades distintas e ideas distintas, e iso sen ser … “neutral”

    E é moi evocadora tamén a escenografía, ou mellor dito: o que queda dela. Si, quen a fixo é amiga miña. abusei dela para que me contase o proceso de deshidratación da “escenografía”.
    Se me cadra, eu volvo velo.
    E, coma sempre, un pracer lerte.

    • julio 12, 2017 02:35

      Ola Avelino,
      Grazas por lerme, por comentar, por expoñer a túa discrepancia (benditas discrepancias!) e por mostrarme esta foto tan interesante, cuxa existencia descoñecía.
      Sobre o teu punto de vista, entendoo; pero creo que desta vez manteño a miña opinión de que me gustaría ter visto material histórico orixinal como complemento ao espectáculo (e esta foto que nos achegas é a proba).
      Unha aperta!
      H.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: